O 8M, Día da Muller, xa é visible no balcón da Subdelegación
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, participou este luns na colocación dunha pancarta con motivo do Día Internacional da Muller, que permanecerá pendurada no exterior da fachada principal da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ata o próximo luns 8 de marzo.
A subdelegada estivo acompañada pola xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, Manuela Vilaboy.
Maica Larriba lembrou que con este acto simbólico a Subdelegación do Goberno de Pontevedra únese a conmemoración deste día internacional.
"A covid-19 trouxo consigo novos obstáculos para as mulleres, que se engaden aos de carácter social e sistémico que xa existían antes", explicou a subdelegada.
Larriba advertiu de que "as mulleres enfróntanse hoxe a un aumento da violencia de xénero e das tarefas de coidados non remunerados, así coma a un maior desemprego". Ademais, lembrou que "as mulleres son maioría naqueles sectores que estiveron e están facendo fronte ao virus en primeira liña".
"Delas nos acordamos, e por todas elas celebramos un ano mais este día fundamental no camiño a un futuro igualitario", concluíu.
Relacionadas:
-
8M | A Subdelegación do Goberno homenaxea cun vídeo ás mulleres en primeira liña da pandemia
Por María José Pita |
-
O mural que pon en valor o papel da muller durante a pandemia será presentado o vindeiro sábado 6 de marzo
Por Redacción |
-
Comezan os actos do 8M programados pola Deputación coa lectura dun manifesto
Por Oskar Viéitez |
-
"Feminismo para cambiar o mundo", o lema que acolle todos os actos previstos para o vindeiro 8 de marzo
Por Andrea Sánchez Barreno |