A Policía Local de Poio identifica oito persoas que participaban nunha festa en Raxó
Por Redacción
A Policía Local de Poio denunciou esta fin de semana oito persoas por incumprir as restricións para frear o avance da pandemia da covid-19. Na tarde do sábado, unha patrulla desprazouse a Raxó despois de recibir o aviso dunha veciña alertando da celebración dunha festa no interior dunha vivenda. Os axentes constataron que no inmoble había oito persoas non conviventes e procederon a denuncialas.
Os gardas procederon tamén a realizar inspeccións en diversos establecementos hostaleiros do municipio para comprobar que a reapertura do sector adaptábase ao plan de desescalada.
O labor dos axentes centrouse fundamentalmente en informar os profesionais sobre cuestións novas como a obrigación de colocar carteis informativos sobre o aforo ou o precintado de mesas e cadeiras que non se utilicen para garantir o 50% de ocupación ou a implantación dun código QR para o rastrexo de posibles contagios.
Aunque non se tramitou ningunha denuncia neste ámbito, a Policía Local realizou catro requirimentos noutros tantos locais para advertir da necesidade de cumprir co horario de peche.
Actualmente, Poio rexistra 33 casos activos e unha incidencia acumulada a 14 días de 105 casos por cada 100.000 habitantes.