Rafa Domínguez, sobre a posible marcha de Ence: "Pontevedra va en camino de convertirse en el nuevo Ferrol"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, asegurou que o "más que probable cierre de la fábrica de Ence" xeraría un impacto maior que o que supoñería o de PSA Citroën en Vigo. "Pontevedra va en camino de convertirse en el nuevo Ferrol", dixo.
"Que no digan que nadie les avisó, Ence va a cerrar, es inminente. Sus familias, sus empresas, los negocios de Pontevedra van a sufrir este cierre", declarou o portavoz do PP.
Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, compareceu este mércores para anunciar que presentará unha moción para o próximo pleno en apoio dos postos de traballo de Ence, atendendo ao compromiso adquirido este martes con representantes de Comisións Obreiras no comité de Ence.
Domínguez avaliou o impacto que tería na cidade un "inminente cierre" da fábrica de celulosas e concluíu que "Pontevedra no se puede permitir que Ence se marche y menos perder todo ese empleo que genera la factoría".
"Les digo que ahora mismo a todos los trabajadores de Ence, a sus familias, a las empresas y negocios de Pontevedra, que se preparen para lo peor", dixo o portavoz local do PP.
Rafa Domínguez culpou do "golpe devastador" que supoñería o peche da pasteira ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e ao Partido Socialista "son 5.000 familias que Lores y el PSOE llevan a la ruina, y sin ningún remordimiento, y lo que es peor, sin darles ninguna alternativa", mantivo o popular.
"Afectaría a muchos trabajos directos, muchos indirectos, al tráfico del puerto y a todo lo que genera la empresa en la comarca. No nos podemos permitir este cierre ante la situación actual", engadiu.
O portavoz municipal do PP advertiu de que "el Concello no va traer una solución" e recriminou ao alcalde que "no ha sido capaz de traer ninguna empresa a nuestra ciudad" e que carece dunha alternativa ao peche.
Por último, Domínguez anunciou que nos próximos días reunirase coas entidades beneficiarias do Plan Social de Ence "mi temor, no es algo que sepa a ciencia cierta, pero mi temor es que este Plan Social, con esta inseguridad jurídica no se va a poder llevar a cabo". Igualmente iniciará unha rolda de contacto cos sectores económicos da cidade.
Relacionadas:
-
O PP aprecia ilegalidades "flagrantes" en dúas obras municipais e sopesa acudir á xustiza
Por Alejandro Espiño |
-
Cada ano chegan ao porto de Marín unha media de 100 barcos para cargar pasta de papel
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta reclama ao Goberno "non crear máis inquedanza" ás industrias que hai na costa
Por Alejandro Espiño |
-
Ferrol esixe a Rafa Domínguez que se desculpe polo seu "ataque gratuíto e ofensivo" á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE paraliza todos os seus investimentos en Pontevedra ata resolver o seu futuro
Por Redacción |
-
"Xa os sufrimos 60 anos", di Lores sobre ENCE, "e xa é hora de que se vaian" para recuperar a ría
Por Alejandro Espiño |
-
A sección sindical de CC.OO asegura que Ence é segura e insiste en modificar o artigo 18.4 da nova lei do Cambio Climático
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O comité de empresa de Ence recoñece que a Xunta e a empresa "están a mirar cara outro lado" e pide implicación ao Goberno estatal
Por Redacción |
-
O Concello esixe a ENCE que aclare as "escandalosas" afirmacións de Colmenares sobre a súa seguridade
Por Alejandro Espiño |