Ponte Caldelas realiza máis de 10.000 chamadas para atender a maiores que viven sós
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ten un marcha un programa de acompañamento telefónico para os maiores do municipio, especialmente para aquelas persoas que viven soas. Desde o inicio da pandemia, cada unha destas persoas recibiu varias chamadas do Concello para conversar un intre con elas.
Nos últimos 12 meses realizáronse máis de 10.000 chamadas telefónicas que axudaron aos maiores a encontran un momento de calma, desafogo e agarimo nos meses máis duros do confinamento e tamén nunha época de cambios nas restricións para explicarllas e acougar tamén o medo ao contaxio.
"Primeiro illados nas casas e lonxe dos seres queridos e logo con moitas dúbidas, os veciños de Ponte Caldelas saben que teñen no concello un apoio incondicional. Mantendo unha pequena conversa telefónica con Leticia ou Isabel podemos saber como están, como se sinten ou se precisan da nosa axuda", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.
O alcalde lembra que os teléfonos do Concello seguen ao dispor dos veciños para que "cando o precisedes, teñades unha voz amiga ó outro lado do teléfono".