Novo falecido con covid-19 no Salnés: un home de 80 anos, vítima 156 da área sanitaria
Por Redacción
Un home de 80 anos converteuse na vítima 156 da pandemia da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Sanidade confirmou hoxe este falecemento, que tivo lugar onte martes no Hospital do Salnés. Tiña patoloxías previas, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.
Esta é unha das tres mortes que as autoridades sanitarias notificaron en Galicia.
Ademais deste falecido na área sanitaria de Pontevedra, perderon a vida dous homes de 79 e 91 anos que estaban ingresados no hospital de Santiago.
Galicia rexistra ata o momento un total de 2.259 mortes pola covid-19.
Relacionadas:
-
Os pacientes covid ingresados na UCI de Montecelo redúcense a 9
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra baixa a súa incidencia acumulada por baixo de 150 e a de Marín cae ata os 206
Por Redacción |
-
Descenso notable de pacientes covid hospitalizados na área sanitaria: 43 ingresados en Montecelo e no Salnés
Por Redacción |
-
Pontevedra e Marín encabezan a baixada de casos activos de covid-19 nos municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
Sanidade xustifica manter o peche da área sanitaria de Pontevedra pola situación da UCI
Por Alejandro Espiño |
-
O número de pacientes ingresados por covid-19 redúcese a 50 na área sanitaria
Por Redacción |