Fiscalía investigará a seguridade en ENCE tras advertir o seu presidente dun posible "susto ambiental maiúsculo"
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Fiscalía de Pontevedra abriu dilixencias de investigación penal sobre a seguridade da empresa Ence.
O motivo son as declaracións gravadas en vídeo nas que o presidente da compañía, Ignacio de Colmenares, alertaba da posibilidade de que se producira un "susto ambiental maiúsculo en calquera momento" na fábrica que a pasteira ten en Lourizán.
No vídeo, que forma parte dunha mensaxe aos traballadores da compañía, De Colmenares reflexionaba sobre o estado no que se atopa unha das caldeiras da fábrica e advertía de que puidese ocorrer un incidente "que pudiera afectar ás persoas".
Aínda que desde Ence aseguraron que esa gravación era "ilegal", que as palabras do seu presidente foran "descontextualizadas" e que o complexo industrial de Pontevedra "é seguro", a Fiscalía decidiu actuar de oficio e abriu dilixencias de investigación penal.
Entre outras comunicacións, a Fiscalía pontevedresa remitiu oficios á unidade Seprona da Garda Civil e a varias delegacións da Xunta de Galicia solicitando informes respecto ao estado da planta.
Con esta medida, o ministerio público pretende investigar a posible existencia dun delito ambiental.
PARA A APDR É UNHA "BOA NOTICIA"
Tras coñecer a investigación aberta pola Fiscalía, desde a Asociación Para a Defensa da Ría (APDR) aseguran que é unha "boa noticia" dada a repercursión que ten o dito polo presidente de Ence e se fagan eco da "alarma social existente" sobre unha suposta situación de inseguridade na fábrica de Lourizán.
Con independencia do resultado desta investigación, asegura APDR, esta é a mostra que ante feitos "absolutamente antidemocráticos e presuntamente delituosos", a xustiza actúa "para evitar a impunidade".
Esta actuación da Fiscalía, segundo este colectivo ecoloxista, "debería facer calar ás voces que desde Ence pretenden minimizar estes feitos culpabilizando a quen defendo a legalidade e o interese xeral fronte á rapina industrial que pretende facerse coa propiedade do dominio público marítimo-terrestre".
Relacionadas:
-
A Fiscalía arquiva a denuncia contra De Colmenares por alertar nun vídeo dun "susto ambiental" en ENCE
Por Natalia Puga |
-
Traballadores de ENCE cortan o tráfico e queiman pneumáticos diante da fábrica
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
A APDR pide ao secretario de Estado de Medio Ambiente que non ceda ás "ameazas" de Ignacio de Colmenares
Por Redacción |
-
Tino Fernández sobre ENCE: "Ameaza a todo un goberno como se as empresas puidesen decidir o que vai nunha lei ou non vai"
Por Anxo Lourido |
-
Advirten de que o peche de ENCE xerará un "efecto dominó devastador" para outras empresas
Por Redacción |
-
O PSOE denuncia ante Fiscalía as declaracións de Colmenares sobre a seguridade en ENCE
Por Redacción |
-
A APDR denuncia no xulgado de garda o presidente de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
"Xa os sufrimos 60 anos", di Lores sobre ENCE, "e xa é hora de que se vaian" para recuperar a ría
Por Alejandro Espiño |
-
O comité de empresa de Ence recoñece que a Xunta e a empresa "están a mirar cara outro lado" e pide implicación ao Goberno estatal
Por Redacción |
-
O Concello esixe a ENCE que aclare as "escandalosas" afirmacións de Colmenares sobre a súa seguridade
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez traslada a súa "preocupación" despois de oír o presidente de ENCE
Por Oskar Viéitez |