Reparten dez puntos de información en Vilaboa para divulgar os servizos do CIM
Por Redacción
O Concello de Vilaboa ofrece unha campaña informativa con 10 puntos de información para todas as mulleres e especialmente para as vítimas de violencia machista con motivo do 8 de marzo.
Os Puntos de Información á Muller estarán por todo o municipio, nos centros escolares, casas de cultura, oficina de Correos, no centro de saúde, farmacias e entidades bancarias. Nestes espazos divulgarán os servizos que ofrece o CIM (compartido co Concello de Soutomaior) e informarán do novo servizo municipal para que as mulleres vítimas de violencia machista poidan desprazarse a este centro para recibir atención sen custe para elas
"Para nós a prioridade son as mulleres que sofren unha maior precariedade, as que por posición social e vital necesitan das políticas públicas, dos recursos das institucións", explica o alcalde de Vilaboa, César Poza, que recoñece ser consciente de que "aínda quedan moitos desafíos e obxectivos que temos que alcanzar".
Por ese motivo, Vilaboa respalda o lema 'Por un futuro igualitario no mundo da covid-19', en recoñecemento á dobre repercusión que tivo a pandemia entre as mulleres e á súa infrarrepresentación nos espazos de poder e de toma de decisións.