Os hospitales da área manteñen ingresados 29 pacientes con covid-19 nunha xornada con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño
A presión asistencial que provoca a covid-19 nos hospitais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés aliviouse de maneira importante desde onte. Hai 29 pacientes ingresados con coronavirus, seis menos que hai apenas 24 horas.
A maior parte dos hospitalizados (19) están en sendo atendidos en Montecelo. Outros tres están no Hospital do Salnés. Non hai ningún paciente covid, pola súa banda, no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
No caso dos críticos, que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo, son 7 nestes momentos, segundo os datos do balance diario do Servizo Galego de Saúde. É un menos dos que había este sábado.
O resto dos que contraeron o virus, outras 463 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra este domingo, por tanto, un total de 492 casos activos. Son 49 menos que onte. Só se detectaron 7 contaxios novos.
Desde o inicio da pandemia 11.821 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 54 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 158 falecementos asociados ao virus. Os últimos, unha muller de 85 anos e un home de 64 que morreron en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 169.438, 896 nas últimas horas. Delas, 7 deron positivo (0,78%). A estas probas súmanse as 85.965 seroloxías realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.676, 276 menos que o día anterior. Deles 1.270 son da área da Coruña, 327 da de Lugo, 230 da de Ourense, 492 da de Pontevedra, 631 da área de Vigo, 405 da de Santiago e 321 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 80 están en UCI, 302 en unidades de hospitalización e 3.294 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 107.708 persoas curadas, rexistrándose 2.268 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.714.758 probas PCR, 7.719 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 112 novos infectados.
Relacionadas:
-
Trinta hospitalizados, oito deles críticos, entre os 457 casos activos por covid-19 en Pontevedra e O Salnés
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra baixa ata os 113 casos activos e Marín, único concello que crece, ata os 54 contaxiados
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 64 e unha muller de 85 anos falecen nas últimas horas por covid-19 en Montecelo
Por Redacción |
-
O 'verde' avanza na área sanitaria con oito municipios sen novos casos na última semana
Por Alejandro Espiño |
-
541 casos activos pola covid-19 nunha área que reduce a 35 os pacientes hospitalizados
Por Alejandro Espiño |