8M | A Lama avoga polo empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade
Por Redacción
O Concello da Lama conmemorou o Día Internacional da Muller, coa lectura dun manifesto a cargo do tenente de alcalde e edil responsable da concellería da Muller e Igualdade, David Carrera.
O escenario escollido para realizar esta lectura foi o salón de plenos no que se deu cita un número limitado de invitados pola necesidade de respectar o aforo e as medidas de seguridade sanitaria.
O acto, coordinado polas responsables do Centro de Información á Muller (CIM), a avogada Adriana Fontaíña e a psicóloga Galiza Aguete, pretendeu evidenciar o apoio institucional do Concello da Lama ás políticas de igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres á vez que se renovaba o compromiso ineludible de loitar contra a violencia de xénero de calquera tipo.
O manifesto avogaba polo empoderamento feminino e a participación activa da muller na sociedade así como o seu desenvolvemento íntegro como persoa.
"Desde esta institución queremos manifestar que participamos completamente do principio de igualdade de dereitos entre homes e mulleres e, por tanto, facemos noso o feminismo. Debemos establecer como un obxectivo do día a día facer efectivo este obxectivo con actuacións de carácter transversal e, desde cada un de nós, debemos contemplar a loita pola igualdade de dereitos como algo noso e fundamental, algo ao que non debemos renunciar sexamos homes ou mulleres”, recolle o escrito.
Relacionadas:
-
8M | Colexios da comarca conmemoran o Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
8M | 'Libre como o mar', un mural en Sanxenxo para homenaxear as mulleres do mar
Por Redacción |
-
8M | Un camelio nos Baños de San Xusto para lembrar a todas as mulleres galegas
Por Redacción |
-
8M | Poio reivindica "seguir dando pasos" para eliminar a "fenda de xénero"
Por Redacción |
-
Os espazos urbanos de Marín xa conmemoran o 8M
Por Redacción |