As columnas feministas do 8M percorren Vilaboa por máis dereitos para as coidadoras
Por Redacción
"Hoxe estamos en folga de coidados. Porque sen nós o mundo párase". É a mensaxe reivindicativa que engloba a todas as manifestacións organizadas este luns 8 de marzo polo movemento Galegas 8M. En municipios das catro provincias galegas a súa sucederon marchas e concentracións, pero una das máis destacadas tivo lugar en Vilaboa. Columnas de mulleres, primeiro en bicicleta e logo a pé, cruzaron todo o municipio para poñer en valor o traballo das coidadoras, relacionado de maneira case absoluta, á muller.
"Fartas de cargar coas tarefas reprodutivas imprescindibles para a vida, sen que sexan pagas, valoradas nin dignificadas", reclaman as mulleres que partiron ás 16 horas deste luns desde a residencia de maiores, fronte á que se concentraron antes de iniciar a marcha en sinal de protesta. Ao redor das 19 horas chegaron a Riomaior, onde tivo lugar a lectura do manifesto e o final da manifestación.
Antes da hora dos discursos, as protestantes, en impoñente formación militar para cumprir coa distancia de seguridade e con cantigas tan pegadizas como reivindicativas, realizaron paradas na escola do Toural, na farmacia, no centro de saúde e na Casa dous Druídas. Altos no camiño que serviron para alzar aínda máis a voz e esixir o recoñecemento da sociedade ao traballo das coidadoras, colectivo ao que se lle dedica este ano o Día da Muller.
"Este ano voltamos a convocar folga de mulleres de 24 horas, poñendo os coidados no centro e motor das nosas reivindicacións. Porque a pandemia evidenciou que a meirande parte do traballo dos coidados seguen a realizarse sen remuneración algunha, pese a que a gratuidade do seu labor aforra custes ao sistema. E cando estes traballos son remunerados, realízanse en condicións de precariedade e son infravalorados tanto social como economicamente", subliñaron durante a lectura dun manifesto moi aplaudido por todas as asistentes
Relacionadas:
-
A análise do plan de igualdade abrirá os actos do 8M en Vilaboa
Por Redacción |
-
8M | Ponte Caldelas, tinguido de morado por Día Internacional das Mulleres
Por Redacción |
-
Sira Vidal Laxe gaña o XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares
Por Redacción |
-
8M | O feminismo está "farto" e non hai pandemia que o pare
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
8M | A Xunta defende en Pontevedra o seu compromiso "irrenunciable" coa igualdade
Por Redacción |
-
8M | A Subdelegación do Goberno homenaxea cun vídeo ás mulleres en primeira liña da pandemia
Por María José Pita |