A APDR pide ao secretario de Estado de Medio Ambiente que non ceda ás "ameazas" de Ignacio de Colmenares
Por Redacción
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) enviou un escrito a Hugo Alfonso Morán Fernández, secretario do Estado de Medio Ambiente, para poñer no seu coñecemento as palabras efectuadas por Ignacio de Colmenares, presidente do Grupo Ence, nun vídeo interno da empresa.
Precisamente a APDR acompaña o escrito co vídeo coas polémicas declaracións e pide que o Ministerio de Transición Ecolóxica non ceda ás ameazas e presións do máximo responsable de Ence coas que, segundo o colectivo ecoloxista, pretende modificar o proxecto de Lei de Transición Ecolóxica para poder continuar en Lourizán nos terreos de dominio público marítimo-terrestre.
A asociación que preside Antón Masa alerta sobre a gravidade das palabras de Ignacio de Colmenares ao referirse ao estado da caldeira de recuperación que "en calquera momento pode darnos un susto maiúsculo medio ambiental que pode afectar as persoas", e admitir que a caldeira precisa de investimentos e que non se realizarán se non se asegura a súa permanencia en Lourizán ata 2073.
A APDR entende que isto é unha chantaxe ao Estado e o colectivo está convencido de que o Ministerio non cederá ás ameazas para a modificación do proxecto de Lei en tramitación. Masa considera que os métodos de Ignacio de Colmenares son "mafiosos" e, no caso de que cheguen a ter efecto, "non estariamos nun Estado de Dereito".
Por último, a asociación pide á Secretaría do Estado que procedan á audición e estudo do vídeo do presidente de Ence e actúe en consecuencia sen ceder ás "inadmisibles chantaxes dunha empresa que ten na mentira e as falsas promesas o seu sinal de identidade", conclúen desde a APDR.
Relacionadas:
-
O secretario de Estado de Medio Ambiente sobre ENCE: "A empresa ten de horizonte ata 2033"
Por Redacción |
-
A comisión de comités de ENCE sobre Ignacio de Colmenares: "Cremos que se necesita outro talante para asegurar o noso futuro"
Por Redacción |
-
A lei que podería botar a Ence de Lourizán dá un novo paso e os traballadores elevan a presión
Por Manu Otero |
-
Tino Fernández sobre ENCE: "Ameaza a todo un goberno como se as empresas puidesen decidir o que vai nunha lei ou non vai"
Por Anxo Lourido |
-
O PSOE denuncia ante Fiscalía as declaracións de Colmenares sobre a seguridade en ENCE
Por Redacción |
-
Fiscalía investigará a seguridade en ENCE tras advertir o seu presidente dun posible "susto ambiental maiúsculo"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A APDR denuncia no xulgado de garda o presidente de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Ence alega que o vídeo de Colmenares no que alerta da posibilidade dun "susto maiúsculo ambiental" é unha "gravación ilegal"
Por Redacción | Creada e actualizada