Os municipios da área sanitaria mantén a súa tendencia descendente no número de casos de covid-19
Por Redacción
O número de casos activos na cidade de Pontevedra segue caendo. Este mércores a capital rexistra un total de 81 positivos, 15 menos que na xornada de anterior. A incidencia acumulada a 14 días é de 80 casos por cada 100.000 habitantes.
En Marín a tendencia á baixa tamén se mantén, con dous casos menos que na última xornada, para facer un total de 51. Mentres que a incidencia acumulada a 14 días, segundo os datos do Sergas sitúanse en 185. En Poio tamén melloran os datos, cun total de 28 casos activos, tres menos que onte e unha incidencia acumulada de 105.
Tamén Sanxenxo comparte o mesmo descenso que o seu municipio veciño ao rexistrar dous casos menos e situarse nun total de 27 cunha incidencia acumulada de 25. Dous casos menos rexistra tamén Vilagarcia de Arousa, que queda con 32 casos activos e 63 de incidencia acumulada.
A tónica xeral na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue sendo de descenso. Con todo, o nivel de incidencia acumulada aínda segue sendo preocupante os datos de Ponte Caldelas e Soutomaior, que se sitúan en risco alto, entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Un banzo por baixo están Cambados, Vilanova, Catoira e Marín.
Pola contra, no nivel de risco máis baixo están Bueu, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Ribadumia, O Grove e Portas. Os restantes municipios da área sanitaria rexistran entre 50 e 150 positivos por cada 100.000 habitantes.
Relacionadas:
-
Galicia baixa dos 3.000 casos activos de infección por covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra e a súa contorna seguen reducindo o número de casos positivos de covid-19
Por Redacción & Manu Otero |
-
A área sanitaria baixa ata os 385 casos activos por covid-19, dos que 33 están hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia estará pechada na ponte de San Xosé e en Semana Santa
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade rectifica e abre Cambados desde o venres tras revisar a súa situación "con detalle"
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a 32 os hospitalizados por covid-19 mentres os casos activos baixan ata 419
Por Alejandro Espiño |
-
Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa e Cambados quedan en nivel alto de restricións, tras o comité clínico
Por Redacción |