A.M.A. reafirma o seu apoio constante aos profesionais sanitarios cun webinar sobre resiliencia en tempos de pandemia
Como mostra do apoio constante aos profesionais sanitarios, A.M.A.celebrou un seminario web sobre "Resiliencia en tempos de pandemia, visión de futuro", que estivo organizado pola Mutua, e dirixido pola directora xeral adxunta e responsable do Ramo de Responsabilidade Civil Profesional de A.M.A., Raquel Murillo.
Máis de 600 profesionais sanitarios asistiron á xornada, na que interveu un relator de indubidable prestixio e recoñecemento, o Dr. Mario Alonso Puig, médico especialista en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo, profesor de liderado, comunicación, coaching e xestión do estrés.
A pandemia, segundo explicou Raquel Murillo, "puxo a proba a resiliencia de todos os profesionais sanitarios" que estiveron e seguen estando en primeira liña, cada día.
Son profesionais, subliñou, "que soportan a presión asistencial e tamén a carga emocional que conleva estar tan preto da propia enfermidade, vivindo casos duros e graves, falecementos, e que despois chegan a casa e, en moitos casos, téñense que afastar dos familiares e achegados por medo a que estes resulten contaxiados".
Algo fundamental durante este tempo, segundo dixo a directora xeral adxunta, "foi o traballo colaborativo entre profesións e especialidades", con sanitarios que, especialmente ao comezo da crise, tiveron que realizar quendas para dar apoio constante ás UCI, que estaban desbordadas.
Como mostra de gratitude e en recoñecemento ao esforzo dos sanitarios, A.M.A. organizou este webinar, que pretende ser un estímulo para seguir traballando con sacrificio e ilusión neste tempo de pandemia.
O Dr. Alonso explicou aos asistentes que a resiliencia é unha capacidade que se traballa e "unha das cousas máis importantes que podemos aprender fronte a calquera dificultade que nos atopemos na vida", de aí a necesidade de que se ensine como calquera outra materia.
O especialista en xestión do estrés recomendou como mecanismo para potenciar a resiliencia pensar no presente, "facer o que podamos cada día", en alusión á presión dos sanitarios en circunstancias excepcionais como esta, onde "o sentimento de soidade, unido á falta de apoio e medios provocou que en ocasións se perda a confianza no sistema".
A xornada rematou cunha quenda de preguntas e comentarios por parte dos médicos,que se interesaron por cuestións como a duración do período de duelo tras a morte dun ser querido, como facer fronte ao illamento familiar para evitar contaxios ou a falta de comprensión por parte dalgúns pacientes.
Relacionadas:
-
A.M.A. mantén a cobertura gratuíta da póliza de RCP aos profesionais sanitarios requiridos para combater a covid-19
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. impulsa a súa oferta de protección xurídica aos médicos diante das agresións
Por Noticia patrocinada |
-
A Fundación AMA aproba o seu Plan de Actuación 2021, renovando o seu compromiso solidario e formativo
Por Noticia patrocinada |
-
A enfermería española entra en A.M.A., a mutua dos profesionais sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
O Dr. Diego Murillo, presidente de Honor de A.M.A., galardoado co premio á Mellor Traxectoria Profesional Sanitaria
Por Noticia patrocinada |