Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción
O comité de empresa da fábrica de Ence en Lourizán emitía na noite deste xoves un comunicado no que fan pública a aceptación por parte do presidente do Grupo Ence Ignacio de Colmenares y Brunet á proposta de "crear un espazo de traballo que permita garantir o futuro dos postos de traballo".
Esta proposta foi tamén realizada polo comité que preside Antonio Lafuente ao Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, durante o encontro mantido de maneira telemática durante a mañá deste xoves.
Desta forma, segundo indican desde o comité, o presidente da entidade pasteira Ignacio de Colmenares comprométese agora a realizar as correspondentes convocatorias para reunir ás distintas partes neste conflito co obxectivo de atopar solucións á situación que atravesa a fábrica en Lourizán de fronte ao futuro.
Hugo Morán tamén manifestara, segundo os representantes sindicais, a súa boa disposición para que leve a cabo un encontro entre integrantes do Goberno central, da Xunta de Galicia, da propia empresa e da parte laboral para intercambiar opinións e buscar fórmulas para desatascar o problema xerado en relación coa aprobación do artigo 18 da Lei de Transición Ecolóxica. Esta situación provocou un polémico vídeo do propio presidente do Grupo Ence, así como protestas de traballadores da factoría e de empresas auxiliares, convocadas polo sindicato Comisións Obreiras, que este mesmo venres teñen previsto manifestarse en Madrid.
Relacionadas:
-
Domínguez sobre a declaración de persoa non grata a Colmenares: "pediría deixar os insultos e que se comece a traballar por crear emprego"
Por Redacción |
-
Ignacio de Colmenares será, ao igual que Rajoy, persoa non grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |
-
Mosquera: "Corremos o risco de que a Ence Borroka nos deteriore esta magnífica convivencia que temos na cidade"
Por Redacción |
-
O goberno local pedirá a ENCE, Xunta e Estado que traballen no seu traslado: "Temos por diante 12 anos para conseguir ese obxectivo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Plantean unha mesa de diálogo para resolver o futuro de ENCE
Por Redacción |
-
O alcalde sinala a Rafa Domínguez e a Colmenares polo intento de agresión por parte dos traballadores de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O secretario de Estado de Medio Ambiente sobre ENCE: "A empresa ten de horizonte ata 2033"
Por Redacción |
-
A lei que podería botar a Ence de Lourizán dá un novo paso e os traballadores elevan a presión
Por Manu Otero |
-
Traballadores de ENCE cortan o tráfico e queiman pneumáticos diante da fábrica
Por Manu Otero | Creada e actualizada