O goberno local pedirá a ENCE, Xunta e Estado que traballen no seu traslado: "Temos por diante 12 anos para conseguir ese obxectivo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Pleno Municipal de Pontevedra debatirá o próximo 22 de marzo sobre o futuro de Ence na súa actual ubicación de Lourizán, aos pés da ría de Pontevedra.
Segundo explicaron os portavoces municipais do BNG e PSOE, Carme da Silva e Tino Fernández, "unha delas é unha moción na que o goberno municipal insta á empresa Ence, á Xunta de Galicia e o Goberno do Estado a traballar de forma inmediata para o traslado da factoría da Ría de Pontevedra como única forma de garantir a súa viabilidade e o mantemento dos postos de traballo", explicou o edil socialista e tenente de alcalde.
Ambos resaltaron que "a posición do goberno é coñecida e recoñecida, Ence tense que ir de aí", nun plazo que "remata en 2033", defendeu Fernández argumentando que "temos por diante 12 anos para conseguir ese obxectivo e o que lle pedimos dende do goberno municipal á empresa e ao resto de administracións é que poñan toda a súa boa vontade, que negocien con honestidade e con ganas de chegar a acordos".
"Son a emperesa, a administración galega e do Estado as que teñen as competencias industriais, en materia económica e ordenación do territorio, e as que van a dispoñer de fondos e fondos europeos para garantizar o traslado", completou Carme da Silva.
A outra das mocións que se debatirán será nunha "data simbólica", ao ser o 22 de marzo o Día Mundial da Auga, ten que ver co rechazo á "violencia e as ameazas en todo tipo de conflitos pero sobre todo referido ao que se produxo onte e que é un paso máis na escalada que se vén producindo iniciada ou amparada pola propia empresa dende hai algún tempo", explicou o portavoz socialista.
Da Silva pola súa parte incidiu de novo en relacionar a escalada de tensión coa maneira de actuar de Ence e tamén do Partido Popular: "Ante calquera situación que abra unha porta de optimismo e esperanza á sociedade de Pontevedra para ver o tan ansiado traslado de Ence fóra da Ría de Pontevedra a empresa e o Partido Popular activan inmediatamente as ameazas, as chantaxes e as coaccións. Vímolo no pasado coa Lei de Costas, vímolo cando foron actuando nas campañas electorais e vémolo agora novamente", sinalou.
"Así non van conseguir nada. Non conseguiron minar a firmeza do goberno municipal de Pontevedra, nin conseguiron nin conseguirán minar a firmeza da sociedad de Pontevedra que agarda esperanzada a saída de Ence da ría", resaltou a representante do BNG local pedindo a "quen da esas instruccións, que son a empresa e o PP, teñen que mandar parar", ademais de referirse ao sindicato CCOO que é "quen executa as instrucións" e ao que afeou que "anunciase publicamente que iban a seguir e que a escalada violenta ía a ir en aumento", porque "o acontecido no Concello é unha proba de que se sobrepasan todos os límites nesas accións".
Relacionadas:
-
O presidente de Zona Franca ofrécese a participar na mesa sobre Ence e afirma que "non pode seguir na Ría de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |
-
ENCE cifra o seu traslado en 700 millóns e reitera que "non é viable"
Por Redacción |
-
Mosquera: "Corremos o risco de que a Ence Borroka nos deteriore esta magnífica convivencia que temos na cidade"
Por Redacción |
-
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción |
-
O alcalde sinala a Rafa Domínguez e a Colmenares polo intento de agresión por parte dos traballadores de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Traballadores de ENCE "toman" o Concello en defensa dos empregos da fábrica en Lourizán
Por Mónica Patxot & Redacción | Creada e actualizada