O PP nega ter instigado actos violentos contra o alcalde de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez respondeu este venres ás declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores nas que "me acusa de instigar la violencia" por parte dun grupo de traballadores de Ence, "lo primero que quiero decir es que es absolutamente falso. Ni el Partido Popular ni Rafa Domínguez han instigado o instigarán ningún tipo de violencia".
A continuación, o portavoz do PP en Pontevedra engadiu que "lecciones de democracia de Lores o del BNG ninguna. Desde el Partido Popular de Pontevedra no las aceptamos de ninguna de las maneras".
"No tienen ninguna capacidad ni ética para darnos a nosotros lecciones", segundo dixo Rafa Domínguez porque "el BNG y Lores van de la mano de Bildu" e porque os nacionalistas "dicen que los recientes acontecimientos de Barcelona donde casi queman a un policía son libertad de expresión".
Detrás dunha pancarta co logo do Partido Popular na que se lía "Ence non se pecha. BNG y PSOE culpables. En defesa do traballo dos nosos veciños" compareceron este venres os portavoces do PP de Pontevedra e Poio, Rafa Domínguez e Ángel Moldes; o portavoz do grupo provincial, Jorge Cubela, e o deputado nacional, Diego Gago.
Os populares valoraron as "terribles consecuencias" que, ao seu xuízo, supoñerá para a comarca de Pontevedra o peche de Ence como consecuencia da nova Lei de Cambio Climático "e o efecto dominó que xerará con outras empresas e servizos" do que responsabilizan a PSOE e BNG.
Jorge Cubela anunciou que o PP presentará unha moción na Deputación de Pontevedra reclamando a modificación da Lei de Cambio Climático porque "pon en risco miles de empregos directos e indirectos, non só da factoría Ence, senón de todas as empresas auxiliares que dependen dela e tamén do sector mar-industria", dixo.
"Ence non se vai. A Ence a botan", insistiu Cubela alertando do custo para clubs e asociacións de Pontevedra, Poio e Marín, que reciben das pasteira axudas directas.
No mesmo sentido manifestouse o portavoz dos populares de Poio, Ángel Moldes, quen destacou que "o que nos preocupan son os traballadores, o traballo dos nosos veciños".
O deputado nacional Diego Gago, anunciou que o PP presentará unha nova emenda transaccional ao proxecto de Lei de Cambio Climático para frear este "ataque a nuestra industria".
Relacionadas:
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |
-
ENCE cifra o seu traslado en 700 millóns e reitera que "non é viable"
Por Redacción |
-
ENCE cifra o seu traslado en 700 millóns e reitera que "non é viable"
Por Redacción |
-
O alcalde sinala a Rafa Domínguez e a Colmenares polo intento de agresión por parte dos traballadores de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |