Caldas presenta un plan de continxencia para impulsar a reactivación económica e turística
Por Redacción
Caldas de Reis presentou este venres un Plan de Continxencia para apoiar ao sector da hostalería da vila termal. O estudo, acordado coa Asociación da Hostalería de Caldas, plantexa unha serie de estratexias e accións coas que pretenden dinamizar a hostalería e o turismo nos vindeiros meses e anos.
O Concello propón unha batería de accións de marketing dixital para posicionar o sector hostaleiro no mercado electrónico; accións de promoción para prescriptores do destino; campañas de promoción en medios de comunicación offline y online; un plan de reactivación do consumo local que iniciarán a partir da primavera e un programa de mellora da competitividade das empresas do sector.
Actualmente, Caldas conta con máis de 1.300 plazas de aloxamento en 42 establecementos e máis de 60 vivendas de uso turístico; tamén conta con máis de 50 bares e restaurantes. No ano 2019 pasaron por Caldas máis de 90.000 peregrinos, público obxectivo contemplado no plan ademáis dos clientes de turismo rural e termal, o público de escapadas de fin de semana, o cliente de eventos, e a poboación local, comarcal e de proximidade rexional, fundamental para este ano de restricións na mobilidade.
O plan presentado este venres foi unha das accións municipais acordada coa Asociación de Hostalería para facer fronte á crise provocada pola Covid-19. Foi elaborado pola empresa H4 Gestión y Consultoría Hostelera del Noroeste SL. No acto participaron os tenentes de alcalde Manuel González e Jacobo Pérez, o presidente e vicepresidente da Asociación de Hostalería de Caldas, Miguel Piñeiro e José Aragunde, e a consultora da empresa H4, Silvia Barreiro.
Así mesmo, nos vindeiros días celebrarán outra reunión coa Asociación Centro Comercial Aberto para valorar as propostas en materia de apoio ao comercio local que tamén teñen contempladas neste Plan, e continuarán o traballo coa Asociación de Hostalería de Caldas.
Relacionadas:
-
O PP acusa o Goberno local de Caldas de mentir sobre as axudas á hostalería
Por Redacción |
-
O desemprego cae en Caldas a niveis anteriores ao estalido da pandemia
Por Redacción |
-
Caldas promove un viveiro de páxinas web para dixitalizar a hostalería e o comercio local
Por Redacción |
-
Caldas amplía ata os 100.000 euros as axudas directas aos seus hostaleiros
Por Redacción |