A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño
Cita importante para os traballadores da factoría ENCE de Lourizán, que a próxima semana reuniranse coa vicepresidenta do Goberno e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira.
Así o confirmou a última hora do venres a Delegación do Goberno en Galicia, "á espera de decidir día e forma no seo do Comité", sinala a representación laboral da fábrica pontevedresa.
O propio delegado do Goberno, Javier Losada, publicou na rede social Twitter que "a ministra Teresa Ribeira confirma o seu compromiso de diálogo e fixa data para a reunión co Comité de empresa da factoría de Ence a próxima semana".
La ministra @Teresaribera confirma su compromiso de diálogo y fija fecha para la reunión con el Comité de empresa de la factoría de Ence la próxima semana.@DelGobGalicia @mitecogob
— Javier Losada (@conJavierLosada) March 12, 2021
Este encontro chega despois de que un grupo de traballadores, convocados polo comité de oficinas e firmas auxiliares, se manifestase en Madrid diante da sede do Ministerio.
O que non confirmou o Goberno é a lista de asistentes a esa reunión, tendo en conta que a representación laboral está dividida entre os comités de empresa da fábrica, con maioría de representación dos sindicatos CIG e UXT, e o comité de oficinas, controlado por CCOO e que é o que está a protagonizar en datas recentes diferentes accións de protesta, como a celebrada no Concello de Pontevedra e que acabou con escenas de tensión e insultos cara ao alcalde da cidade e o resto da corporación.
Relacionadas:
-
A ministra afirma que a situación de Ence "no tiene nada que ver con la Ley de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez |
-
O comité de empresa de ENCE pediralle á ministra unha mesa de traballo polo futuro da factoría
Por Redacción |
-
A sección de CC.OO de ENCE tratará de convencer a Bildu e Esquerra para tombar a lei do cambio climático
Por Manu Otero |
-
Ignacio de Colmenares será, ao igual que Rajoy, persoa non grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE cifra o seu traslado en 700 millóns e reitera que "non é viable"
Por Redacción |
-
O PP nega ter instigado actos violentos contra o alcalde de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera: "Corremos o risco de que a Ence Borroka nos deteriore esta magnífica convivencia que temos na cidade"
Por Redacción |
-
O goberno local pedirá a ENCE, Xunta e Estado que traballen no seu traslado: "Temos por diante 12 anos para conseguir ese obxectivo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción |
-
Plantean unha mesa de diálogo para resolver o futuro de ENCE
Por Redacción |
-
O alcalde sinala a Rafa Domínguez e a Colmenares polo intento de agresión por parte dos traballadores de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |