As hospitalizacións de persoas positivas en covid baixan a 26 na área sanitaria, con 8 pacientes na UCI
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta ao 13 de marzo con 306 casos activos de covid, segundo a actualización de datos realizada ás 10.00 horas deste sábado por parte do Servizo Galego de Saúde.
Esta cifra supón un descenso de 37 casos con respecto ao venres, debido a que unha xornada máis as altas epidemiolóxicas (54) superaron aos novos contagios por coronavirus detectados (17).
No que respecta a a presión hospitalaria, descende con 3 persoas menos ingresadas para un total de 26, aínda que dentro desa baixada total escóndese unha lixeira subida na ocupación da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, onde evolucionan 8 pacientes, un máis que a xornada anterior. O resto de hospitalizados evolucionan en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario de Pontevedra (12) e o Hospital do Salnés (6).
Desde o inicio da pandemia superaron a infección 12.078 persoas na área pontevedresa, rexistrándose 159 falecementos de persoas positivas por covid.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico o número de casos activos de coronavirus sitúase nos 2.854, o que supón 77 menos que 24 horas antes. Deles 245 atópanse ingresados nunha planta hospitalaria (12 menos) e 78 evolucionan na UCI (5 máis).
Ata a data en Galicia contabilizáronse 2.289 falecidos pola pandemia, tras sumar unha morte máis na última xornada.
Relacionadas:
-
As hospitalizacións por covid caen lentamente na área sanitaria, con 230 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos por covid-19 baixan a 244, dos que 25 siguen hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |
-
Unha paciente de 94 anos, vítima 160 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción |
-
Galicia baixa dos 3.000 casos activos de infección por covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra e a súa contorna seguen reducindo o número de casos positivos de covid-19
Por Redacción & Manu Otero |
-
A área sanitaria baixa ata os 385 casos activos por covid-19, dos que 33 están hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a 32 os hospitalizados por covid-19 mentres os casos activos baixan ata 419
Por Alejandro Espiño |