17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo recibirán axudas autonómicas para acondicionar terrazas ou vender a domicilio
Por Redacción
Un total de 17 restaurantes e cafeterías de Sanxenxo vanse beneficiar xa das axudas da Xunta para o acondicionamento de espazos exteriores e para os servizos de vendas a domicilio ou para levar no marco da liña apoio para que a hostalería poida desenvolver a súa actividade coas máximas medidas de protección ante a covid.
En concreto segundo trasladoulle o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, ao alcalde do municipio, Telmo Martín, nunha reunión que ambos mantiveron esta semana, estas axudas ascenderán en Sanxenxo a 197.000 euros.
Con apoios do 80% do investimento realizado, esta liña ofrece subvencións directas a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, desde un mínimo de 1.500 euros dos gastos ata un máximo de 25.000. Ademais, inclúe a achega de anticipos pola metade da contía.
Segundo a Xunta, o investimento medio dos establecementos beneficiarios ata o momento é de 9.000 euros, e a axuda media de máis de 7.000.
No conxunto da provincia de Pontevedra, son 318 os locais que se van a poder acoller a esta orde de axudas, cun investimento de 2,9 millóns de euros.
Relacionadas:
-
O Concello e a Xunta reparten case 2,7 millóns entre a hostalería e sectores afectados pola covid en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Os establecementos hostaleiros de Sanxenxo reciben as axudas para mellorar as terrazas
Por Redacción |
-
Sanxenxo dará axudas directas municipais a negocios e autónomos do sector turístico
Por Redacción |
-
Denuncian que Sanxenxo non aprobou ningunha axuda á hostalería e o comercio
Por Redacción |
-
A Xunta amplía as axudas a unha hostelería que intensifica as movilizacións
Por Manu Otero |