Os casos activos por covid-19 baixan a 244, dos que 25 siguen hospitalizados
Por Alejandro Espiño
Apenas cinco novos contaxios de covid-19 rexistráronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nas últimas 24 horas. Os casos activos volven baixar e sitúanse nun total de 244. Son 34 menos que onte, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde.
Non hai cambios nos pacientes hospitalizados con coronavirus, que seguen sendo 25 entre os tres centros hospitalarios da área pontevedresa.
A maior parte dos ingresados (12) están en sendo atendidos en Montecelo. Outros cinco están no Hospital do Salnés. Non hai ningún paciente covid, pola súa banda, no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
No caso dos críticos, que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo, son 8, os mesmos que había onte.
O resto dos que contraeron o virus, outras 219 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 12.151 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 39 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 160 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 175.172, 624 nas últimas horas. Delas, 5 deron positivo (0,80%). A estas probas súmanse as 88.924 seroloxías realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.682, 67 menos que o día anterior. Deles 1.053 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 186 da de Ourense, 244 da de Pontevedra, 451 da área de Vigo, 299 da de Santiago e 246 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 74 están en UCI, 251 en unidades de hospitalización e 2.357 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 109.904 persoas curadas, rexistrándose 2.300 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.764.416 probas PCR, 5.204 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 98 novos infectados.
Relacionadas:
-
Dous hospitalizados menos por covid na área sanitaria, con 11 ingresados en planta e 7 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
O ritmo na baixada nos casos activos de covid fréase na área sanitaria, con 20 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
As hospitalizacións por covid caen lentamente na área sanitaria, con 230 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra homenaxea as vítimas da covid-19: "A lembranza é a nosa forza"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas e Vilanova recuperan desde este luns a súa mobilidade completa
Por Alejandro Espiño |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |
-
Unha paciente de 94 anos, vítima 160 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción |
-
As hospitalizacións de persoas positivas en covid baixan a 26 na área sanitaria, con 8 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |