Ignacio de Colmenares será, ao igual que Rajoy, persoa non grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal de Pontevedra, integrado por BNG e PSOE, prevé declarar como persoa non grata ao conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, ao que acusan de instigar as protestas violentas contra o alcalde e membros do seu executivo.
Será a través dunha moción que nacionalistas e socialistas presentarán no próximo pleno da corporación, previsto para o vindeiro luns 21 de marzo.
A portavoz do goberno pontevedrés, Anabel Gulías, censurou a actitude "soberbia e perigosa" do máximo responsable da compañía pasteira, ao que o Concello "deu tempo" para que "se retractase, pedira desculpas ou fixese algo" tras o seu polémico vídeo.
Na gravación, segundo Gulías, Colmenares "sinalaba co dedo" aos que el cría que eran os responsables da situación de Ence e "ameazaba a toda a poboación" coa posibilidade de que ocorrese un "susto maiúsculo ambiental".
"É francamente inapropiado que estea á fronte de decisións tan importantes nesta empresa", sinalou a portavoz municipal, que considera que co escrache da semana pasada "traspasáronse todas as liñas vermellas".
Pontevedra, defendeu a edil do BNG, é unha cidade "tranquila" e avanzou que "imos a seguir plantado cara a esta enceborroka", xa que asegura que "non van a amedrentar con coaccións, violencia e chantaxes".
O conselleiro delegado de Ence, entenden desde o goberno municipal, "torpedea todo intento de devolver a tranquilidade" aos pontevedreses e "arenga e alenta" aos que atacaron a alcalde, un feito que para o Concello é "un antes e un despois".
O executivo local asegura que Pontevedra merece que á fronte de Ence haxa persoas "que teñan sentidiño" e con capacidade de diálogo. "Non o poden boicotear antes de comezar", concluíu Anabel Gulías.
Relacionadas:
-
O escrache ao alcalde por ENCE acaba nos xulgados
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez sobre a declaración de persoa non grata a Colmenares: "pediría deixar os insultos e que se comece a traballar por crear emprego"
Por Redacción |
-
Emprego en Galicia ou en Asturias: a decisión que, segundo a Xunta, debe tomar o Goberno sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
O comité de empresa de ENCE pediralle á ministra unha mesa de traballo polo futuro da factoría
Por Redacción |
-
A sección de CC.OO de ENCE tratará de convencer a Bildu e Esquerra para tombar a lei do cambio climático
Por Manu Otero |
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |
-
Mosquera: "Corremos o risco de que a Ence Borroka nos deteriore esta magnífica convivencia que temos na cidade"
Por Redacción |
-
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción |
-
O alcalde sinala a Rafa Domínguez e a Colmenares polo intento de agresión por parte dos traballadores de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O secretario de Estado de Medio Ambiente sobre ENCE: "A empresa ten de horizonte ata 2033"
Por Redacción |