Retorna de Reino Unido e pon en marcha un negocio de márketing no Pelete con proxección internacional
Por Redacción
Chámase Rafael Pardo. É fillo de emigrantes mexicanos e retornou do Reino Unido coa intención de activar un proxecto empresarial de márketing e publicidade na parroquia do Pelete na Lama. E a súa proposta está a funcionar ata o punto de que conta entre os seus clientes con empresas galegas con proxección internacional e outras entidades do estranxeiro.
Este luns Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, acudía ata o Concello da Lama para coñecer o traballo de Rafael Pardo, que contou cunha axuda de 7.000 euros por parte da Xunta a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor.
Esa axuda serviulle ao empresario da Lama para adquirir os equipos necesarios para emprender a súa iniciativa na coñecida parroquia. Igual que este caso, hai outros dez residentes na comarca de Pontevedra que se aproveitaron destas axudas para poñer en marcha os seus proxectos empresariais: sete na capital, dúas en Marín e outro en Ponte Caldelas.
Rodríguez Miranda lembrou que a nova liña de axudas se atopa a punto de publicarse para que poidan beneficiarse novos emprendedores que queiran regresar á súa terra de orixe procedentes do estranxeiro, xa sexan nacidos en Galicia ou nos seus países de destino. Coas axudas poden sufragar gastos correntes orixinados no arranque do seu negocio ata unha cantidade de 8.000 euros.
Estas subvencións económicas teñen como obxectivo favorecer o retorno a Galicia das persoas residentes no exterior coa intención de que fixen a súa residencia na comunidade integrándose social e laboralmente, mellorando o desenvolvemento do tecido empresa
Relacionadas:
-
O escultor de Sanxenxo que decora os edificios públicos de Estados Unidos
Por Redacción |
-
RADIO.- Retornan da emigración currículos brillantes para reiniciar proxectos vitais e profesionais en Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Ponte en el mapa': Míster Ramos, desde A Lama con calquera cliente do mundo
Por Marisa Ciordia |