Reapertura dos parques infantís debido á boa evolución nos últimos días
O Concello de Ponte Caldelas abreu este luns os parques infantís que nos últimos meses estiveron precintados debido á alta incidencia da covid-19.
Logo da boa evolución dos casos dos últimos días e unha vez que o municipio se atopa xa no nivel medio de restricións, segundo o goberno local, na mañá deste luns desprecintáronse e limpáronse para que a rapazada poida facer un uso seguro dos mesmos.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, pediu a máxima responsabilidade no uso destas instalacións e lembrou que os nenos e nenas deben hixienizar as mans antes de entrar no parque e despois de saír, usar máscara en todo momento e manter a distancia de seguridade, pois "seguir mantendo a raia os contaxios é cousa de todos".