120.000 euros en libros de texto rematarán no lixo
Por Oskar Viéitez
A concellaría de Benestar Social del Concello de Pontevedra recolleu as queixas de pais de alumnos dos colexios concertados da cidade ante a falta de apoio destes centros co banco de libros.
A concelleira responsable desta área, Carmen Fouces, deu conta este luns desta iniciativa para facer máis levadeiro o inicio do curso, e que consiste en que os alumnos entreguen os libros que xa non usan para que poidan reutilizalos outros (o que supón un aforro de máis de 200 euros por neno).
A esta iniciativa estaban convocados todos os centros da cidade "pero non participou ningún concertado de xeito activo", lamentou Fouces facendose eco das queixas "dun número importante de familias" con fillos nestes colexios.
Fouces criticó que estes centros "nalgúns casos estean facendo negocio ilegal e competencia desleal" coa venda de libros "cando non teñen licenza".
En cifras este banco de troco atendeu a 1.225 peticións de 1.075 familias diferentes ás que se entregaron un total de 4.615 libros "o que supón uns 200.000 euros de aforro ás familias".
Recolléronse 2.600 libros que non son válidos, que foron valorados en 120.000 euros "e que imos tirar". Sobraron 1.500 libros válidos, cun valor estimado co concello en 70.000 euros, este últimos gárdanse para vindeiras ocasións.
Carmen Fouces chamou a atención sobre os 300 libros sobrantes de relixión "son 12.000 euros que imos tirar porque xa non valen. E por que se non cambiou nada? E un gasto importante nun Estado laico. Reivindico que se tome en serio este tema", afirmou.
Como anécdota a edil nacionalista destacou o gran número de libros novos "sen abrir e co prezo" que foi entregado ao Concello.