Domínguez sobre a declaración de persoa non grata a Colmenares: "pediría deixar os insultos e que se comece a traballar por crear emprego"
Por Redacción
Rafa Domínguez, presidente do PP de Pontevedra, manifestou a súa discrepancia coa decisión do grupo de goberno do BNG e do PSOE de declarar "persoa non grata" a Ignacio de Colmenares, presidente do Grupo Ence.
Para o portavoz popular "esta decisión é a única iniciativa que se tomou desde o Concello mentres 5.000 familias poden irse á rúa". Alega que a fábrica de Lourizán supón case un 30% do Produto Interior Bruto no municipio. Asegura que, por tanto, unha marcha da empresa "supoñería un golpe abismal para moitos pontevedreses que, nun ano tan dramático, agora ven perigar o seu sustento".
Domínguez ataca ao alcalde Fernández Lores afirmando que nos últimos 20 anos "non foi capaz de atraer nin unha soa empresa a Pontevedra. En cambio, o goberno local sente orgulloso de botalas". Neste sentido, alerta sobre o grave problema de desemprego que se acentuaría cun posible abandono da localización actual da fábrica pasteira e pregúntase "van celebrar tamén que centos de pontevedreses queden sen traballo?".
Ademais, alega que "non é a mellor das estratexias o pedir diálogo e só en catro días decidir nomear persoa non grata a unha das persoas que participarían nese foro" facendo referencia á posibilidade de que se celebre unha mesa de traballo para estudar o futuro de Ence como propoñen desde o PSOE.
Relacionadas:
-
O comité de empresa de ENCE pediralle á ministra unha mesa de traballo polo futuro da factoría
Por Redacción |
-
Ignacio de Colmenares será, ao igual que Rajoy, persoa non grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción |
-
A comisión de comités de ENCE sobre Ignacio de Colmenares: "Cremos que se necesita outro talante para asegurar o noso futuro"
Por Redacción |
-
Tino Fernández sobre ENCE: "Ameaza a todo un goberno como se as empresas puidesen decidir o que vai nunha lei ou non vai"
Por Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez traslada a súa "preocupación" despois de oír o presidente de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Ence alega que o vídeo de Colmenares no que alerta da posibilidade dun "susto maiúsculo ambiental" é unha "gravación ilegal"
Por Redacción | Creada e actualizada