O Hospital Montecelo suma unha nova vítima pola covid, un home de 85 anos
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés suma xa 161 pacientes mortos por culpa do coronavirus. Segundo os datos ofrecidos na tarde deste martes pola Consellería de Sanidade durante as últimas horas perdía a vida un home de 85 anos, contaxiado por covid-19, no Hospital Montecelo.
Segundo a Consellería, a vítima contaba con outras enfermidades no seu expediente clínico, aínda que a súa morte produciuse como consecuencia do virus. Desde o inicio do plan de continxencia, na área sanitaria curáronse 12.174 pacientes, 23 máis na última xornada. A anterior vítima mortal na área producírase o venres 12. Tratábase dunha muller de 94 anos, que falecía no Hospital do Salnés.
Sanidade informaba dunha morte máis este mesmo martes, un home de 77 anos no Hospital de Verín e dunha muller de 83 anos, que perdía a vida o luns no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).
Con estas tres novas mortes, Galicia suma 2.306 falecementos desde que se notifican os decesos provocados pola pandemia.
Relacionadas:
-
Dous novos falecidos por covid-19 na área sanitaria, que suma 166 vítimas da pandemia
Por Natalia Puga |
-
Dous hospitalizados menos por covid na área sanitaria, con 11 ingresados en planta e 7 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
O ritmo na baixada nos casos activos de covid fréase na área sanitaria, con 20 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
As hospitalizacións por covid caen lentamente na área sanitaria, con 230 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra homenaxea as vítimas da covid-19: "A lembranza é a nosa forza"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |
-
Unha paciente de 94 anos, vítima 160 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción |