500 euros de recompensa para quen devolva a Kati, unha cadela desaparecida en Lérez
Por Anxo Lourido
Iván Eirín, Patricia García e a súa filla están desesperados tentando localizar a Kati, unha cadeliña Staffordshire, que desaparecía na tarde deste martes cando se atopaba con outro can xogando nunha leira situada no camiño vello da parroquia de Lérez, moi preto do Centro de Saúde.
O propietario da cadela indica que a deixou na súa parcela momentaneamente para que xogase co seu irmán de camada aproveitando a xornada de sol. O terreo atópase pechado cun pequeno valo. Cando regresou, descubriu que Kati non se atopaba na leira.
Iván descoñece se a cadela puido escaparse dalgunha maneira do recinto ou alguén aproveitou a súa docilidade para levarlla. Durante as últimas horas esperaba que alguén ofrecese noticias de Kati á familia. Non houbo éxito. Por este motivo, ten previsto presentar unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional.
Kati é filla dun exemplar que se presentou a varios concursos e, desde o seu nacemento, converteuse na mascota da familia, debido á sociabilidad do animal. Ante a tristura da súa desaparación, Iván publicou nas redes sociais, e así o confirmaba a PontevedraViva, que ofrece unha recompensa de 500 euros para aquela persoa que lla entregue ou tamén regalará un cachorro similar, das mesmas características, para quen lla devolva. O seu teléfono é o 649.154.262.