Os adros das igrexas do municipio prepáranse para Semana Santa
O Concello de Ponte Caldelas está a rozar tódolos adros das igrexas para poñelos a punto de cara ás festividades de Semana Santa. Os traballos están a facerse, segundo o goberno local, con cortacéspede e
Ata esta semana completáronse as tarefas de limpeza nos templos de Barbudo, Chaín, Insua, Silvoso, Xustáns e Taboadelo, mentres que no resto de lugares realizaranse nos vindeiros días.
O Concello di ter unha aposta firme polos 33 lugares do rural do municipio e varias veces no ano fai tarefas de roza nos espazos relixiosos. De este xeito, segundo o goberno local, están en boas condicións para a súa utilización por toda a veciñanza de Ponte Caldelas.