A ponte do Día do Pai dará paso á primavera con ceos totalmente despexados
Para a ponte desta fin de semana con motivo do Día do Pai, segundo MeteoGalicia, prevese que continúe a estabilidade con ceos totalmente despexados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente aparecerán nubes e claros.
As temperaturas espéranse normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado que alcanzarán os 5º e máximas en descenso lixeiro que chegarán ata os 18º. O leve descenso das temperaturas está debido á entrada dun fronte frío na costa das Rías Baixas, polo que o vento do nordés soprará de xeito moderado durante a fin de semana.
Este xoves comezou cun tempo que continúa estable, cunha temperatura mínima de 9º e unha máxima de 18º, con ceos que se prevén despexados e con nubes e claros de xeito ocasional.
O venres 19, San Xosé e festivo polo Día do Pai, prevese un día completamente solleiro só con presenza de nubes e claros a media mañá, deixando unhas temperaturas mínimas de 6º e máximas de 18º. Espérase que a poboación aproveite este día festivo para saír ás rúas a gozar da continuidade do bo tempo e do alivio das restricións, sobre todo no sector da hostalería coas medidas que entrarán en vigor na medioanoite do xoves ao venres coa que se permite a apertura dos establecementos ata as 21:00 horas
Aínda que o sábado 20 de marzo da comezo a primavera deste ano 2021, as temperaturas serán lixeiramente máis baixas. As máximas serán cálidas chegando aos 17º pero as mínimas descenderán lixerairamente podendo acadar os 5º. O ceo si que será máis común desta época xa que se manterán durante todo o día totalmente despexado.
Para a xornada do domingo o ceo seguirá solleiro e sin presenza algunha de nubes. As temperaturas seguirán en leve descenso, con mínimas de 5º e máximas de 16º, sendo a máis baixa rexistrada durante este días.
Para o comezo da semana que vén as temperaturas seguiranse mantendo con máximas de 16º e mínimas entre 5º e 9º. Os ceos manteranse solleiros aínda que se espera unha maior presenza de nubes.