O podcast 'Ponte en el mapa' visibiliza a experiencia do pontevedrés Rafael Pardo Ramos (@raphsomar). De pais pontevedreses, naceu en México, país ao que emigraron os seus proxenitores. Viviu na nación charra, en Estados Unidos e abriu a súa primeira empresa no sector do márketing e a comunicación nesta capital pontevedresa.
En 2012, emigrou a Reino Unido. Naquel momento, conta en PontevedraViva Radio, atopar traballo era algo inmediato, "había traballo para todos" e fíxoo en diversos sectores que xurdiron ao amparo dos Xogos Olímpicos. Un tempo despois decidiu volver emprender. No mesmo sector no que se formou e do que tiña experiencia.
Con todo en 2018 o Brexit xa ameazaba a tesitura de moitos migrantes e no caso de "míster Ramos" a circunstancia fíxolle sopesar volver facer maletas e de novo, emigrar. Así o fixo en abril de 2019. Regresou a Pontevedra para reemprender desde o rural. De Londres pasou A Lama. Así de radical. Explica que "é unha marabilla, necesitaba paz" e que poder traballar facendo uso da telemática permítelle realizar a súa actividade con clientes de calquera continente.
Ten 36 anos, "pero percorrín tantos países e traballei con tantos sectores coma se tivese 65". O seu testemuño é o que se pode escoitar neste'Ponte en el mapa' de PontevedraViva Radio un programa que pretende visibilizar a quen exerceu en primeira persoa o verbo emigrar.