A área sanitaria ten activos 200 casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A Consellería de Sanidade informou este domingo dunha redución en 10 persoas do número de casos activos de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés co que o total se sitúa en 200.
Respecto a a xornada do sábado este domingo hai un paciente máis ingresado co que son 13 os enfermos de coronavirus ingresados en planta de hospitalización. Son 12 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés.
Mantéñense 4 pacientes críticos na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo. Así mesmo, hai 183 casos de covid que están a evolucionar nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 12.278 pacientes (20 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 161 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 310, que se engaden ás 178.238 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
Por segundo día consecutivo Galicia vive un incremento da presión hospitalaria, ao aumentar a 266 os pacientes ingresados con covid-19, oito máis que a xornada anterior. A cifra total de ingresados subiu en catro das sete áreas sanitarias.
Con todo, os casos activos manteñen unha tendencia descendente, ata os 2.519. Un nivel similar ao de finais de agosto.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.519, son 44 menos que o día anterior, deles 998 son da área da Coruña, 198 da de Lugo, 154 da de Ourense, 200 da de Pontevedra, 486 da área de Vigo, 280 da de Santiago e 203 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 2.253 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.921 persoas curadas, rexistrándose 2.319 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.798.972.