Os axentes das policías locais de Galicia, próximo colectivo en recibir a vacina contra a covid-19
Por Redacción
A partir da próxima semana, Galicia comezará a vacinar os axentes das policías locais dos diferentes concellos. O Servizo Galego de Saúde adianta que irán chamándoos segundo vaian chegando as doses das vacinas, que nos últimos días teñen sufrido varios atrasos.
As autoridades sanitarias están a depurar as listaxes recibidas e, unha vez estean dispoñibles estas doses, poderanse recuperar as xornadas perdidas no proceso de vacinación.
Ata iniciar a inmunización deste novo colectivo, Sanidade mantén o dispositivo para inxectar o soro noutros efectivos das forzas e corpos de seguridade, como Policía Nacional e Garda Civil.
Do mesmo xeito que acontece cos restantes colectivos pertencentes a profesións esenciais, o seu ritmo de vacinación estará condicionado pola dispoñibilidade de doses que reciba a comunidade galega nas vindeiras datas.
Os criterios para a vacinación fronte á covid-19, recorda Sanidade, foron consensuados a nivel estatal, sendo definidos e aprobados polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde mediante unha estratexia común para todas as comunidades autónomas.
Relacionadas:
-
Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Todos os galegos maiores de 80 anos terán posta este luns a primeira dose da vacina
Por Oskar Viéitez |
-
Lixeira baixada de casos activos e de pacientes ingresados por covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A partir deste mércores volverá administrarse a vacina AstraZeneca en Galicia
Por Redacción |
-
España reanuda a vacinación con AstraZeneca ao ser "segura e eficaz"
Por Alejandro Espiño |
-
Os galegos entre 70 e 80 anos comezarán a vacinarse a principios de maio
Por Alejandro Espiño |