Traballadores de Ence concéntranse fronte á Deputación durante a celebración do pleno
Por Manu Otero
Traballadores de Ence, de empresas auxiliares e do sector forestal volveron concentrarse este venres en Pontevedra para mostrar a súa preocupación polo incerto futuro da fábrica de Lourizán. Con motivo da celebración dun pleno na Deputación, a sección sindical de Comisións Obreiras reuniu a preto dun centenar de traballadores que deixaron patentes as súas reivindicacións con bucinas e pancartas baixo a férrea vixilancia de numerosos axentes da Policía Nacional.
"Estamos aquí para defender os 5.000 postos de traballo que están en xogo", declarou a presidenta do comité de empresa das oficinas centrais da empresa, Ana Cedeira. A pesar de que no encontro coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, recibiron a palabra da socialista de que o artigo 18 da futura Lei do Cambio Climático non afectará o futuro da planta e "nós imos confiar nela", o plantel seguirá presionando para evitar o peche.
A continuidade da factoría en Lourizán depende agora da decisión da Audiencia Nacional sobre a legalidade da prórroga da concesión concedida polo Goberno de Rajoy ata 2073. "Pasa o tempo e aínda non sabemos nada. Imos esperar, non queda outra", sostén Cedeira con resignación.
Mentres tanto, o debate político e laboral sobre un posible traslado da pasteira continúa. Logo da reunión coa ministra, acordouse a convocatoria dunha mesa de traballo na que estarán representadas todas as partes afectadas. Desde os Ministerios de Traballo, Industria e Transición Ecolóxica, ata a Xunta, o Concello, a empresa e os traballadores. Con todo, aínda non hai data para a constitución da mesma.
"Desde a semana pasada non houberon avances na mesa de traballo. Unha vez que estableza os contactos darannos unha data para empezar a falar. Entendo que despois de Semana Santa saberemos algo e fixarannos data", recoñece a traballadora.
Menos transixente mostrouse coa actitude do alcalde de Pontevedra, a quen lle afeou a súa postura desfavorable a que tanto o Concello como os traballadores formen parte desa mesa de negociación. "O señor Lores non ten que dicir quen está na mesa de dialogo e quen non. Os traballadores temos moito que dicir porque se están xogando os nosos postos de traballo", rematou.
Relacionadas:
-
Convocada unha marcha a favor de Ence cun clamor á Audiencia Nacional para que faga público o seu fallo
Por María José Pita |
-
O comité de empresa de Ence reclama ao Goberno que inicie xa a negociación sobre o futuro da factoría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A APDR cualifica de "ridículo" un argumento da Confederación de Empresarios de Galicia para defender a ENCE
Por Redacción |
-
Chío en galego da ministra Teresa Ribera defendendo a Lei do Cambio Climático: "Non mintan nin asusten á xente"
Por Redacción |
-
ENCE defenderá a continuidade da súa fábrica en Pontevedra aínda que recoñece "incertidumbres"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores asistirá "por cortesía" á mesa de traballo de ENCE pero non ve "imprescindible" a súa presenza
Por Alejandro Espiño |
-
O presidente de Zona Franca ofrécese a participar na mesa sobre Ence e afirma que "non pode seguir na Ría de Pontevedra"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Ence chega ao Parlamento: o PP di que non hai plan B para o emprego, o PSOE pide diálogo e o BNG, sacar a fábrica da ría
Por Manu Otero |
-
Comisións Obreiras confía na ministra Ribera e rebaixará a intensidade das mobilizacións no conflito de ENCE
Por Oskar Viéitez |