O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo
Por Redacción
A Xunta de Galicia manterá o nivel alto de restricións nas vilas turísticas de Sanxenxo e de Baiona durante o luns da Semana Santa. Así o decidía o subcomité clínico onde os expertos sanitarios realizaron unha análise da situación da covid-19 en Galicia.
Ambos os municipios atópanse desde este venres neste nivel alto de restricións e a decisión do subcomité confirma que a partir do luns 29 manteranse na mesma situación. Isto supón que os establecementos hostaleiros só poderán servir nas terrazas cunha pacidade limitada ao 50% da ocupación habitual.
O motivo desta decisión atópase en que durante a ponte de San José, que se tomou como mostra, incrementouse de maneira notable a incidencia acumulada e o propio conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña advertía que, en caso de non adoptar medidas, os casos multiplicaríanse con rapidez, tendo en conta a incidencia da cepa británica durante as últimas semanas no desenvolvemento da pandemia.
A paritr do luns, o único municipio que se manterán en nivel máximo de restricións en Galicia será Beade. En nivel alto, acompañando a Sanxenxo e Baiona, atoparanse Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Pazos de Borbén e Padrenda.
Relacionadas:
-
O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción |
-
A máscara será obrigatoria ao aire libre, sexa cal sexa a distancia, incluído en praias e piscinas
Por Alejandro Espiño |
-
Continúa unha lenta progresión ascendente de casos activos con 217 positivos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Traxe de baño, toalla, crema solar, máscara e distanciamento no inicio da Semana Santa en Silgar
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Tres casos activos máis na área sanitaria durante las últimas 24 horas
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
2.400 residentes en Sanxenxo serán convocados os días 30 e 31 a un cribado en Baltar
Por Redacción |
-
Lixeira baixada de casos activos e de pacientes ingresados por covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sanxenxo apela á "serenidade e responsabilidade" para superar a repunta que sitúa á vila en alerta vermella
Por Redacción |
-
Organizan cribados en Sanxenxo entre o profesorado e traballadores da alimentación
Por Redacción |
-
Sanidade desbota un peche perimetral de Sanxenxo malia que en 7 días triplicou o número de casos activos
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |