'Cuadernos de Estrategia' do Ministerio de Defensa destaca a ordenación urbana de Pontevedra
Por Redacción
O volume 'Cuadernos de Estrategia 206', que edita o Instituto Españo de Estudos Estratéxicos, un centro de investigación dependente do Ministerio de Defensa recolle unha análise sobre o modelo urbano desenvolvido en Pontevedra desde o ano 1999 ata a actualidade.
Baixo o título 'As cidades: axentes críticos para unha transformación sostible do mundo' se estudan quince casos de boas prácticas sobre planificación do espazo urbano, xestión de enerxía, vivenda, seguridade, infraestruturas verdes ou mobilidade en relación coa Axenda 2030.
Pontevedra é a cidade seleccionada para a análise da ordenación urbana e recóllese a transformación que as rúas experimentaron durante os últimos 22 anos centrándose na peonalización dos espazos, a reordenación e o acougado de tráfico. Ofrece datos sobre o descenso de persoas falecidas por atropelo e de accidentes graves nas vías urbanas.
Ao longo das conclusións ás que chega este estudo coordinado por Esperanza Caro Gómez, que obtivo información do concelleiro de Mobilidade César Mosquera, cítanse os galardóns internacionais concedidos a Pontevedr respecto ao deseño urbano e fomento da mobilidade, ademais de recoller o interese de expertos internacionais que demandan información sobre o modelo de pontevedrés en relación coa pandemia para coñecer como se desenvolve o uso do espazo público.
Precisamente durante estas xornadas xa se pode ver o deseño da nova praza circular creada entre Benito Corbal, Daniel da Sota e Cobián Roffignac, unha iniciativa que pretende conectar o centro histórico coa zona de maior actividade comercial de Pontevedra.