2.400 residentes en Sanxenxo serán convocados os días 30 e 31 a un cribado en Baltar
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anuncia que realizará novos cribados con PCR fronte ao centro de saúde de Baltar o martes 30 e o mércores 31 deste mes de marzo. Está previsto convocar a 2.400 persoas residentes en Sanxenxo profesionais da hostalería, o taxi, axentes da Policía Local, Protección, o sector de Axuda no Fogar, clubs deportivos e un colectivo poboacional aleatorio de persoas con idades comprendidas entre os 18 e 60 anos de idade.
Esta proba desenvólvese para detectar o maior número posible de persoas portadoras asintomáticas de covid-19, co obxectivo de reducir a cifra de contaxios de coronavirus que se está rexistrando durante os últimos días en Sanxenxo, único concello da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que neste momento atópase en nivel alto de incidencia. Este sábado súmanse dous casos positivos máis na vila turística elevando a cifra de persoas afectadas a 51.
A Consellería de Sanidade comunica tamén que se detectaron dous casos positivos nos cribados realizados durante este xoves 25 e venres 26 nos centros educativos do CEIP Portonovo, IES Vilalonga e CEIP Noalla-Telleiro.
Para este domingo citáronse a 92 persoas do colectivo de profesionais de establecementos de alimentación do municipio para que acudan ao posto de CovidAuto do Hospital Provincial de Pontevedra para someterse ás probas PCR.
Relacionadas:
-
Denuncian longas colas no PAC de Baltar e advirten de que o verán de 2021 "pode ser con moito o peor das últimas décadas"
Por Redacción |
-
Continúa unha lenta progresión ascendente de casos activos con 217 positivos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Traxe de baño, toalla, crema solar, máscara e distanciamento no inicio da Semana Santa en Silgar
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo
Por Redacción |
-
Sanxenxo apela á "serenidade e responsabilidade" para superar a repunta que sitúa á vila en alerta vermella
Por Redacción |
-
Organizan cribados en Sanxenxo entre o profesorado e traballadores da alimentación
Por Redacción |
-
Sanidade desbota un peche perimetral de Sanxenxo malia que en 7 días triplicou o número de casos activos
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Paso atrás de Sanxenxo que volve ao nivel alto de restricións pola covid-19
Por Alejandro Espiño |