Tres casos activos máis na área sanitaria durante las últimas 24 horas
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Volve aumentar levemente o número de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cun incremento de tres positivos nas últimas 24 horas. Este domingo, a Consellería de Sanidade sinala que hai 209 persoas infectadas por covid-19 nesta zona sanitaria.
Destes casos, 19 persoas atópanse ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. 17 casos permanecen en planta de hospitalización do Hospital Montecelo, mientrs que no Hospital do Salnés atópase outro paciente. Ademais, mantense un ingresado por covid na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo.
190 persoas con coronavirus atópanse superando a enfermidade nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 12.350 pacientes, tres máis que na xornada do sábado. E a cifra de falecementos continúa sendo de 161.
Durante a última xornada realizáronse 654 PCRs con 6 novos casos positivos confirmados. Na cidade de Pontevedra detectouse un caso máis e actualmente o número de positivos é de 46 pacientes.
A incidencia acumulada a 7 días é de 23,81 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que o dato a 14 días ascende a 47,61 casos.
SEN FALECEMENTOS EN GALICIA DURANTE O SÁBADO
Durante este sábado 27, a Consellería de Sanidade non comunicou ningún falecemento como consecuencia do coronavirus en Galicia. Trátase dun dato significativo, xa que esta situación non se rexistraba desde o 3 de outubro de 2020. O número de decesos mantense, por tanto, en 2.332 perdas.
Galicia rexistra neste domingo un total de 2.309 casos activos por coronavirus. Detectáronse 122 casos novos, seis pacientes abandonaron as Unidades de Críticos e hai dúas hospitalizacións máis.
No conxunto de Galicia, a incidencia acumulada a 7 días é de 32,50 (+0,6) por cada 100.000 habitantes. A cifra a 14 días é de 69,01 casos (+0,4).
Relacionadas:
-
Xornada de estabilidade na área sanitaria onde se manteñen 20 pacientes ingresados por coronavirus
Por Redacción |
-
A morte dun home de 76 anos trunca case dúas semanas sen falecidos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Continúa unha lenta progresión ascendente de casos activos con 217 positivos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Lixeira baixada de casos activos e de pacientes ingresados por covid na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo
Por Redacción |
-
Os contaxios diarios soben a 20 e elevan os casos activos na área sanitaria a 215
Por Alejandro Espiño |