Continúa unha lenta progresión ascendente de casos activos con 217 positivos na área sanitaria
Por Redacción
Seguen a aumentar de xeito paseniño os casos activos nesta semana Santa. A Consellería de Sanidade informa da existencia de 217 casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con oito casos máis que na xornada do domingo.
Destes positivos, 21 permanecen ingresados, dous máis que hai 24 horas. 19 pacientes atópanse en planta de hospitalización do Hospital Montecelo mentres que un permanecen no Hospital do Salnés. Mantense un enfermo por coronavirus na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés.
Dos 217 casos, 196 persoas permanecen nos seus domicilios evolucionando da súa enfermidade. Durante os últimos días non se rexistraron novos falecementos, polo que o número de decesos na área sanitaria é de 161 pacientes.
Realizáronse 775 probas PCR nas últimas 24 horas co resultado de 12 novos casos confirmados. A incidencia acumulada a 7 días en Pontevedra é de 21,42 casos por cada 100.000 habitantes e a 14 días sitúase en 48,80.
GALICIA
Na última xornada detectáronse 133 novos contaxios en Galicia, con 11 máis que na xornada do domingo e a tendencia tamén é ascendente. Faleceron dúas persoas no Hospital Álvaro Cunqueiro este domingo debido á covid-19 e o número de mortes en Galicia desde o inicio da pandemia é de 2.334 persoas.
179 pacientes permanecen hospitalizados en planta e 27 atópanse en áreas de Coidados Críticos. O número total de casos activos é de 2.307 persoas.
A incidencia acumulada nos últimos 7 días é de 33,61 (+1,1) por cada 100.000 habitantes, mentres que nos últimos 14 días é de 69,79 (+0,7).
Relacionadas:
-
Xornada de estabilidade na área sanitaria onde se manteñen 20 pacientes ingresados por coronavirus
Por Redacción |
-
A morte dun home de 76 anos trunca case dúas semanas sen falecidos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Tres casos activos máis na área sanitaria durante las últimas 24 horas
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
2.400 residentes en Sanxenxo serán convocados os días 30 e 31 a un cribado en Baltar
Por Redacción |
-
O subcomité clínico mantén o nivel alto de restricións para Sanxenxo tamén a partir do Luns Santo
Por Redacción |