Encaixa o seu coche nas escaleiras da Praza de Ourense por un despiste co GPS
Por Alejandro Espiño
Volveu a pasar. Os GPS topáronse coa peonalización de Pontevedra. Un coche quedou encaixado nas escaleiras da Praza de Ourense. Ocorreu este mediodía.
O condutor ía pendente do navegador e non advertiu que se dirixía a un desnivel, segundo confirmaron a PontevedraViva desde fontes municipal.
O episodio, que xerou un enorme balbordo na cidade, non supoñerá sanción algunha para o condutor, que foi vítima dun descoido e non ocasionou danos.
O home, que viña de Cataluña e que traballa como comercial de fármacos, tiña permiso para circular polo centro histórico de Pontevedra, segundo acreditaron os axentes da Policía Local que acudiron ao lugar.
Ademais, estaba na cidade por traballo, polo que tiña causas xustificadas para traspasar o peche perimetral decretado en toda Galicia debido á Semana Santa.
O servizo de atención na estrada enviou un guindastre para poder retirar o vehículo.
Relacionadas:
-
Unha furgoneta queda atrapada nas escaleiras da praza do Teucro
Por Redacción |
-
Un coche queda atrapado nas escaleiras de Tetuán a carón do Teatro Principal
Por Redacción |
-
Volveu pasar, un condutor despistado deixa o seu coche colgado das escaleiras
Por Redacción |
-
A peripecia dun turismo pola ponte do Burgo
Por Marisa Ciordia |
-
Retirar o seu coche do depósito do guindastre vaille custar case 30.000 euros
Por Alejandro Espiño |