O servizo de Dermatoloxía do hospital de Pontevedra renova 'a súa pel'
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés estreou recentemente unha nova imaxe no seu servizo de Dermatoloxía.
En concreto realizouse unha intervención na zona de consultas externas, situada na terceira planta do centro de especialidades da Casa do Mar de Mollavao, reacondicionando os seus espazos cunha decoración que simboliza a pel.
Así se reflicte en portas e outras zonas comúns, completándose cunha renovación de imaxe do resto de espazos en busca de humanizar o espazo achegando unha maior apertura e luminosidade á vez que se clarifican as áreas de tránsito e espera.
A xefa de servizo de Dermatoloxía, a doutora Ángeles Flórez, asegura que "a humanización dos nosos espazos converteuse nunha peza clave que permite crear contornas amables e acolledoras, que repercuten positivamente na tarefa dos nosos profesionais, pero tamén nun maior benestar dos nosos pacientes, favorecendo a súa recuperación".
Segundo o Servizo Galego de Saúde, no deseño destes espazos tiveron un papel protagonista os profesionais, pacientes e familiares.
A intervención seguiu os criterios de humanización que se tentan implementar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para ofrecer aos usuarios e pacientes unha contorna de maior confort e calidez.
Relacionadas:
-
A Escola de Psoriase da área sanitaria celebra o seu aniversario cunha sesión sobre esta enfermidade crónica
Por Redacción |
-
Dermatoloxía está a atender máis consultas por hábitos adoptados coa pandemia da COVID-19
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |
-
O servizo de Dermatoloxía de Pontevedra, o 'mellor da clase' na atención á psoriase
Por Redacción |