A Plataforma Galega en Defensa do Ensino protesta este sábado 28 contra a LOMCE
Por Redacción
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público súmase á mobilización que se desenvolverá este sábado 28 de setembro en Santiago de Compostela en contra da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Para esta protesta, a Plataforma poñerá a disposición dos manifestantes un autobús por comarca para desprazarse a Santiago. En Pontevedra, o autobús sairá o sábado ás 9:15 horas dende o Pavillón dos Deportes e será necesario apuntarse, antes do venres, a través do teléfono 986.852.950.
Dende a Plataforma considérase que a LOMCE é clasista, antigalega e segregadora. Segundo se sinala dende este colectivo, o profesorado "está moi queimado" xa durante este curso por "a degradación da profesión, a rebaixa de salarios e da dignidade", sinalou María Rodríguez, representante da CIG-Ensino que compareceu co secretario comarcal de Ensino, Xacobe Rodríguez. Pola súa banda, a representante do BNG en Pontevedra, Anxos Riveiro, indicou que é necesario "saír á rúa e loitar contra esa precariedade".
A marcha en Santiago iniciarase ás 10:30 horas en ponte dá Rocha e finalizará na Praza de Praterías.
A Plataforma tamén anunciou que apoiará a folga convocada para a comunidade educativa en todo o Estado o próximo 24 de outubro.