Galicia emitirá a partir de abril un certificado dixital de vacinación
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu en rolda de prensa para informar das medidas adoptadas este martes na reunión co comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia, a novidade é que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) emitirá un certificado dixital de vacinación.
Da man do Ministerio e do resto de comunicades, Galicia adáptase así ao certificado verde presentado pola Unión Europea o pasado 17 de marzo, cos mesmos criterios para todos os paises da Unión e así impulsar a mobilidade.
O Sergas xa emitía un informe das vacinas recibidas e das probas realizadas: PCR, antíxenos ou anticorpos que agora adecúa a este certificado europeo cun documento similar desde a primeira quincena do mes de abril, o primeiro en estar dispoñible será o certificado de vacinación.
Deste xeito, cando se produza unha vacinación, un alta ou unha proba, xerarase o documento na sede electrónica e cando estea dispoñible a nivel europeo, cambiarase polo certificado verde. En formato dixital será accesible desde a aplicación Pass Covid e tamén desde E-saúde ou Sergas Móbil. En formato impreso poderase acceder desde a historia clínica electrónica e nas áreas administrativas.
VACINAS
García Comesaña incidiu en que a vacinación xa se nota nas residencias, con 12 positivos e asintomáticos. Unha vez máis o conselleiro subliñou que "é fundamental seguir vacinando a toda máquina, por iso insistimos en reclamar máis vacinas".
Durante a Semana Santa seguirá a vacinación co obxectivo de completar a vacinación en todos os maiores de 80 anos. A día de hoxe, xa son máis do 60 % os que foron inmunizados. Estes días tamén se vacinará aos grupos esenciais que ser paralizaron pola pausa con AstraZeneca incluíndo tamén ao franxa de idade de 55 a 65.
DATOS EPIDEMIOLÓXICOS
O conselleiro fixo un repaso aos datos epidemiolóxicos que mostran a situación de meseta en Galicia. A indicencia acumulada é de 69,09 casos a catorce días e a sete días 31,04, fronte a 149 e 80 da media española. En relación coa semana pasada, diminuíu a incidencia acumulada a sete días nun 8 % menos e un 5,4 % a catorce días.
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, destacou que "las predicciones indican que la curva ha pasado de descender rápidamente a llevar diez días en meseta, con solo un porcentaje de descenso del 0,6 % diario".
A evolución a día de hoxe é "basicamente igual" que os últimos 10 días cunha lixeira diminución. "La positividad de las pruebas diagnósticas ha sido esta semana del 2,73 %, muy similar a la de la semana anterior, del 2,53 %", dixo a doutora Durán. Ademais, engadiu, que están secuenciados 192 casos coa variante británica e seguimos con só un caso da variante surafricana. Por agora non hai ningunha outra variante en estudo.
PRESIÓN HOSPITALARIA
Nesta mesma rolda de prensa o xerente do Sergas, José Flores Arias referiuse á presión hospitalaria coas urxencias están en niveis basales similares a un mes de marzo anterior á pandemia.
Ademais Atención Primaria atende a 2.100 pacientes en domicilios por ser asintomáticos ou con sintomatoloxía leve, e o 061 mantén as chamadas por baixo das 3.000 diarias sendo o 10 % clasificadas como covid.
Nos hospitais públicos galegos os plans de continxencia seguen activados, aínda que todos están en fase 1. Tan só o 2,3 % das camas de planta están ocupadas por pacientes covid, que son un total de 181. A evolución desta semana é dun 10,5 % menos.
Finalmente, o xerente do Sergas referiuse aos pacientes críticos ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) que están ocupadas por pacientes covid o 5,24 % das camas, con 26 pacientes. A porcentaxe de descenso da última semana foi do 37,5 %.
Relacionadas:
-
Imparten no centro de saúde Virxe Peregrina un taller para aprender a usar a aplicación móbil do Sergas
Por Redacción |
-
Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Todos os galegos maiores de 80 anos terán posta este luns a primeira dose da vacina
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo manterase toda a Semana Santa no nivel alto de restricións
Por Redacción |