Marín adxudica o proxecto para dotar de herba sintética ao estadio de San Pedro
Por Redacción
A concellería de Deportes do Concello de Marín adxudicou as obras de remodelación do céspede do campo de fútbol de San Pedro, que pasará ser de herba sintética de última xeración.
A empresa gañadora do concurso, no que participaron 11 firmas, é Prace Servizos e Obras. O proxecto adxudicouse por un importe de 405.200 euros e o prazo de execución é de 4 meses.
Aínda que as dimensións do terreo de xogo apenas sufrirán modificacións, a intervención servirá para substituír as porterías de fútbol 7 por unhas pregables e mellorar a rede de rega coa instalación de novos aspersores.
O proxecto inclúe tamén a demolición da bancada descuberta que pasará a formar parte do novo céspede para ser empregado como zona de quecemento para os deportistas.
O Estadio Municipal de San Pedro é unha instalación deportiva moi utilizada por diferentes entidades deportivas de Marín, tanto de fútbol como de atletismo. Uns 250 usuarios utilizábana diariamente antes do inicio da pandemia. Despois de dez anos da instalación do céspede, o Concello decidiu que era o momento da súa renovación.
A obra servirá para dotar ao estadio dun aspecto máis moderno e actual, que complementará á outras melloras implementadas en San Pedro, como a renovación das pistas, dos vestiarios, da bancada, dos bancos e do marcador.
Relacionadas:
-
Avanzan os traballos en San Pedro coa instalación do céspede sintético
Por Redacción |
-
Arrancan as obras para cambiar o céspede do Campo de fútbol de San Pedro
Por Redacción |
-
O Estadio Municipal de San Pedro contará con novo céspede sintético
Por Redacción |
-
Marín dá a coñecer o protocolo das instalacións deportivas municipais
Por Redacción |