Propoñen para sanción a Leopoldo López, líder opositor en Venezuela, visto nunha terraza de Cambados
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O líder opositor venezolano Leopoldo López foi proposto para sanción pola Policía Local de Cambados. Será investigado por saltarse, presuntamente, o peche perimetral vixente na comunidade galega pola covid-19.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, confirmou que López foi descuberto polos axentes locais mentres estaba sentado na terraza dun bar da Praza de Fefiñáns, acompañado entre outras persoas pola súa esposa e uns amigos.
Foi nun control rutineiro no operativo para cumprir as restricións impostas pola pandemia e os axentes, segundo a rexedora, achegáronse ata a súa mesa ao apreciar que estaba ocupada por xente que non era orixinaria do municipio.
Chegaran desde Madrid, onde o político ten fixada a súa residencia desde que saíu do cárcere polo seu labor de oposición ao goberno de Venezuela, liderado primeiro por Hugo Chávez e agora por Nicolás Maduro, e abandonou a súa situación de arresto domiciliario.
Aínda que Leopoldo López presentou unha serie de documentos que xustificarían a súa presenza en Galicia, a Policía Local instruíu igualmente a proposta de sanción contra el e os seus acompañantes, do mesmo xeito que se fai con todos os foráneos detectados.
A alcaldesa explica que o corpo municipal "non ten recursos suficientes" para comprobar a veracidade deste tipo de documentos, polo que os axentes pediron permiso para fotografalos e achegalos no expediente.
O expediente será remitido á Xunta de Galicia, que será a que teña que verificar se estes documentos son auténticos e válidos no actual estado de alarma e decidir sobre esta sanción ou se, pola contra, apoia a xustificación da viaxe de López á comunidade.
O líder da oposición en Venezuela emitía un chío durante a noite deste mércores 31 alegando que non tiña constancia de ter sido multado nin de incumprir algunha norma:
Estoy en Galicia reunido con compatriotas exiliados y víctimas de la dictadura de Maduro.
— Leopoldo López (@leopoldolopez) March 30, 2021
No me consta que haya sido multado ni incumplido ninguna norma.
Relacionadas:
-
RADIO.- Javier Moro: "Toda esta alianza de autocracias quérennos mortos aos demócratas"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- O seu país privouna dun futuro e agora Vicenza reconstrúese en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Combarro e Raxó, puntos claves da vixilancia da Policía Local de Poio para evitar incumprimentos do límite perimetral
Por Redacción |