O Príncipe Felipe acode o venres á Escola Naval para celebrar as súas 'vodas de prata' como gardamarina
Por Oskar Viéitez
O Príncipe de Asturias presidirá este venres, 27 de setembro, os actos que terán lugar na Escola Naval Militar de Marín con motivo do 25 aniversario da entrega de despachos á 388 promoción do Corpo Xeral da Armada, a 118 do Corpo de Infantaría de Mariña e a 63 do Corpo de Intendencia da Armada.
Ao igual que o seu pai, don Juan Carlos, o Príncipe Felipe formouse como gardamarina na Escola Naval Militar de Marín, foi no ano 1987.
Tras catro meses na escola e o seu embarco no Elcano, o Príncipe de Asturias recibiu o despacho de Alférez de Navío, condecoración que foi entregada polo seu avó, don Juan de Borbón. Posteriormente seguiu a súa formación e obtivo as outras dúas promocións para ser capitán xeral dos tres exércitos.
A presenza do novo príncipe, con só 18 anos, supuxo gran repercusión nos municipios de Pontevedra e por suposto en Marín onde o seu paso quedou rexistrado no libro de honra do municipio como "fillo adoptivo".
Na capital pontevedresa recordan con especial cariño a súa participación no baile do Liceo Casino que os gardamarinas protagonizan antes de comezar a navegación. A entidade outorgoulle unha das tres medallas de ouro que entregou na súa historia (as outras foron para o almirante Méndez Núñez en 1868 e para a Escola Naval en 1993).
O Príncipe Felipe xunto á súa cuadrilla de amigos era un seguidor dos bocadillos de tortilla con maionesa do bar Alejos, un local frecuentado por os alumnos da Escola. Durante as fins de semana, o Príncipe residía no Parador de Turismo, onde ocupaba o mesmo cuarto que anos antes ocupou o seu pai.
Relacionadas:
-
O Príncipe de Asturias presidiu a conmemoración do XXV aniversario da entrega de Despachos na Escola Naval
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Intensa axenda privada de Don Felipe en Pontevedra: comida con Feijóo, cea con antigos amigos...
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marín engalánase para recibir os Príncipes
Por Oskar Viéitez |
-
¡Felipe, Letizia, queremos Justicia!
Por Oskar Viéitez |