Un home de 72 anos, vítima 164 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés alcanza a cifra de 164 falecementos debido á infección por covid-19. Este xoves 1 de abril, a Consellería de Sanidade comunicaba a morte dun home de 72 anos no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés. Contaban con outras enfermidades previas no seu historial médico.
Trátase da vítima ao longo desta semana no Hospital Montecelo por esta enfermidade, despois de notificarse a morte dunha muller de 94 anos e dun home de 76, que rompían a serie de case dúas semanas sen que se rexistrasen falecementos nesta zona.
Desde o inicio do plan de continxencia desenvolto con motivo do coronavirus, na área sanitaria curáronse 12.396 persoas, 21 máis na última xornada, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Ademais da vítima pontevedresa, nas últimas 24 horas tamén falecía en Galicia unha muller de 54 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense debido á pandemia. Tamén contaba con outras patoloxías previas.
Relacionadas:
-
Un home de 67 anos, nova vítima da covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
O Venres Santo deixa 24 positivos en covid-19 a pesar de realizarse tan só 204 PCR
Por Natalia Puga |
-
Volven aumentar os positivos por covid na área sanitaria: 238 casos activos
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Confirman un gromo con catro positivos no servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan a 213 o número de casos activos por covid-19 na área sanitaria antes da chegada dos festivos
Por Redacción |
-
Unha muller de 94 anos, vítima 163 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
A morte dun home de 76 anos trunca case dúas semanas sen falecidos por covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |