Aproban o proxecto para a urbanización da travesía República Arxentina
Por Redacción
Os cambios no urbanismo e a mobilidade urbana na Travesía República Arxentina pronto serán unha realidade. Así o anunciou o Concello de Marín trala aprobación do proxecto para a urbanización da rúa que conecta República Arxentina e Inferniño.
Actualmente, a zona presenta dúas situacións separadas por un regato canalizado no extremo norte e a ceo aberto na zona sur. O novo tramo está composto por tres parcelas semiabandonadas, con cascallos e peches metálicos provisionais mentres que o outro, que entronca coa rúa República Arxentina, atópase completamente urbanizada e edificada nos 44 metros pavimentados.
Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, "coa urbanización da rúa poderemos mellorar as conexión nesta zona e dotaremos dos servizos de saneamento e recollida de augas pluviais, abastecemento de auga, alumeado público, enerxía eléctrica en baixa tensión, telefonía e rede de distribución de gas a ese novo vial plantexado".
A inversión de apertura ascenderá a 256.407,09 euros, para a que solicitarán unha subvención ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, o Concello necesitou unha autorización, xa firmada, de Augas de Galicia polo regato que vai por baixo da área.
Relacionadas:
-
Xa está aberta ao tránsito peonil e rodado a Rúa Travesía República Arxentina
Por Redacción |
-
Tres meses de obras para crear a travesía que unirá Inferniño e República Arxentina
Por Redacción |
-
O procedemento para urbanizar a Travesía República Arxentina de Marín xa está en marcha
Por Redacción |
-
Desestimada a única alegación presentada ás expropiacións da Travesía República Arxentina
Por Oskar Viéitez |