As obras de saneamento en San Miguel de Couselo empezarán a próxima semana
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira Ana Loureiro, visitaron este sábado o núcleo do Pazo na parroquia de San Miguel de Couselo para reunirse cos veciños e veciñas da zona onde, a próxima semana, comezará a obra de mellora.
Cunha inversión de preto 40.000 euros, o Concello relizará unha obra integral instalando unha canalización de saneamento e recollida de pluviales.
Así mesmo, Cuntis está a traballar co goberno de España para realizar os proxectos de saneamento na parroquia de San Miguel de Couselo e nos núcleos rurais de Zoo o Folgoso e Mesego na parroquia de Santa María de Cuntis. Neste caso, a inversión supera o millón e medio de euros.
Relacionadas:
-
Mellora o saneamento en Cuntis coa eliminación da depuradora de A Louriña
Por Redacción |
-
Cuntis pavimenta o vial que une San Miguel de Couselo coa N-640
Por Redacción |
-
Investiranse 1.600.000 euros en novas obras de saneamento en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis mellorará a sinalización e a información dos recursos turísticos de carácter relixioso
Por Redacción |