As obras do centro sociocultural de Tenorio van cumprindo os prazos
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade informou este luns que as obras do centro sociocultural de Tenorio "marchan a bo ritmo e cumprindo coas prazos comprometidos". O alcalde, Jorge Cubela, mantén que a veciñanza desta parroquia poidan dispoñer deste edificio durante este ano 2021.
Trátase dunha infraestrutura de uso social e cultural duns 560 metros cadrados cun investimento duns 620.000 euros.
Nestes días estase rematando o acondicionamento interior dos distintos espazos dos que disporá este novo contedor sociocultural moi demandado pola veciñanza de Tenorio.
Este inmoble está a ser executado pola firma Coviastec, gañadora do concurso público e que ofreceu unha baixa de case o 6% sobre a licitación, melloras por 96.000 euros e unha garantía de cinco anos.
O recinto, ubicado na travesía da parroquia entre o centro de saúde e o lugar de Covas, érguese sobre unha parcela de 1.670 metros cadrados e disporá dunha dobre sala, de 170 e 107 metros, respectivamente, que se poderá usar de xeito conxunto grazas aos seus tres pórticos de dúas augas e á súa envolvente con peche de dúas follas ata alcanzar unha capacidade para 300 persoas.
Deste modo este amplio e soleado edificio, poderá acoller todas as actividades da contorna, con especial beneficio para os maiores e os colectivos culturais e musicais de Tenorio que terán neste espazo un punto de encontro habitual para acoller o dinamismo do que fai gala esta parroquia.
O centro sociocultural tamén contará con tres aulas para accións formativas e cursos, dúas oficinas, catro aseos -dous deles para persoas con discapacidade-, tres espazos de almacén e un porche. Terá garantidos todos os servizos, xa que a parcela conta con auga, saneamento e electricidade, e un acceso axeitado, posto que o predio está conectado coa travesía a través de beirarrúas.
A maiores disporá dun miradoiro interior con balcón na súa parte posterior que ofrecerá unhas vistas completas da parroquia de Tenorio e de parte do val do Lérez.
Relacionadas:
-
Un aparcamento e unha área recreativa completarán o centro sociocultural de Tenorio
Por Redacción |
-
Comeza o acondicionamento interior do Centro Sociocultural de Tenorio
Por Redacción |
-
A construción do centro sociocultural de Tenorio entra na súa recta final
Por Redacción |
-
Retoman a obra do centro sociocultural de Tenorio coa instalación da estrutura xeral
Por Redacción |
-
Comeza a construción do Centro Sociocultural de Tenorio cun orzamento de 583.000 euros
Por Redacción |